O Pelouro, fundada por Juan Llauder e Teresa Ubeira en 1973, é unha escola centrada no Neno e cuxo modelo psico-socio-pedagóxico se converte en vehículo propicio para a integración saudable. O Pelouro é unha escola para todo neno, para aqueles “normais” e para os que presentan variacións neurocognitivas que afectan ao desenvolvemento, como espectro autístico, síndrome de Down, dificultade cognitivo-social, alta capacidade de intelixencia, etc…

 

O modelo educativo inscríbese no paradigma sociocrítico como “pedagoxía interactiva intersectiva”, que conleva unha función escolar baseada na investigación-acción centrada no neno,  con unha arquitectura modular conexionada organizada a través de contextos desenvolventes nos que o procesamento da información, as emocións e as relacións impregnan o currículo de dentro-a-fóra e de fóra-a-dentro nunha dinámica que propicia a yoización básica (Llauder-Ubeira) e o desenvolvemento socioindividualizado, concienciado e saudable: ser e facer, con-vivir e aprender.

 

O Pelouro é unha escola subvencionada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. No ano 1988  declárase ao Pelouro “Centro Singular Experimental de Innovación Psicopedagóxica e Integración” (Decreto 198/1988: DOGA nº 151, III, páx. 3503) onde se contempla un réxime especial de funcionamento e a dotación económica para o desenvolvemento do seu modelo. Suscribíndose un convenio entre a Administración e o Centro, polo que ten consideración de centro privado concertado, sen prexuízo da súa peculiaridade como centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración cuxas experiencias e investigacións serán extrapolables aos centros ordinarios.

 

Así mesmo, O Pelouro subscribiu convenios de colaboración con Universidades de ámbito nacional e internacional vendo recoñecida a súa traxectoria con diversos premios e sendo modelo de referencia internacional no ámbito socio-educativo.

 

 

Esta acción yoizante...

 Ese eu nuclear...

....inocula toda a vida do centro, incluídas as actividades que aparentemente conteñen un baixo peso específico na construción do eu. Desta valoración haberíase de deducir un enfoque directo de acción educativa e terapeútica no núcleo da cuestión: a Yoización...

...vai ser "nutrido", informado,  estimulado no seu crecer, pola realidade circulante. Acto nutritivo do real, que será válido madurativamente e aprehendendo, na medida en que todas as súas antenas perceptivas, como prolongación do eu, se estendan activamente cara ás cousas, todo iso implica que estas teñan significado, sentido en si mesmas (nun fusionado preludio de Captación "centrípeto" Creación "centrífugo"), interese, atracción, indutores de estímulo, e aínda paixón, realmente.

 

ESCOLA "O PELOURO"

Baños 81, Caldelas de Tui

Tui, Pontevedra

tel +34 986 629024

cp: 36721

email: escuelapelouro@hotmail.com

PÁXINA EN CONSTRUCIÓN E FASE DE PROBAS