Videos

O Tempo dos nenos                                                    (37 min)     2010

 

Un paseo audiovisual pola cotianeidade do Centro de Innovación Psicopedagóxica e Integración "O Pelouro". Este centro educativo público e gratuito, punta de lanza da vangarda pedagóxica, está ubicado na fermosa aldea termal de Caldelas de Tui na provincia de Pontevedra dende hai máis de 30 anos.

Traballo Audiovisual realizado en colaboración co centro por Víctor Hugo Seoane e Jaione Camborda (cineastas), Rafael Xaneiro (creador sonoro e literario), Gabriela Acosta (antropóloga) e Milena de Mairiz (Psicopedagoga).

Coa colaboración da Xunta de galicia (Axudas ó Talento Audiovisual Galego no 2010).

Corpos en trama                                                              (14 min)     2011

 

Fragmentos das actuacións da Compañía Eudanza en 2011 en Santiago (Salón Teatro), Vigo (Teatro Arte Livre), A Coruña (Centro Cultural Ágora).

Entre capas- Taller de Pasta Italiana                  (11 min)     2012

 

Vídeo resultado dun proceso de traballo no que os alumnos da escola, aproveitando a visita da neuropsiquiatra italiana Benedetta (depositaria dunha longa tradición de elaboración artesanal de pasta), realizaron un obradoiro de pasta italiana.

Ao día seguinte, plantexaron a elaboración deste video como proceso reflexivo que lles permitiu, por unha beira, afondar na propia experiencia tomando consciencia da súa profundidade e apuntalando a súa propia aprendizaxe; e, por outra parte, permitiulles poder compartir, a través do audiovisual, a experiencia cos demais.

Reportajes en TV

Reportaxe  TVG "A revista da Tarde"                   (6 min)     2013

 

A Televisión de Galicia graba unha reportaxe sobre a Escola "O Pelouro" emitido no programa "A revista da Tarde" el 22 de Maio.

ESCOLA "O PELOURO"

Baños 81, Caldelas de Tui

Tui, Pontevedra

tel +34 986 629024

cp: 36721

email: escuelapelouro@hotmail.com

PÁXINA EN CONSTRUCIÓN E FASE DE PROBAS